Out of Sight

Out of Sight é unha curtametraxe animada que nos fixo chegar unha nai da Escola. A curta expón de maneira sinxela coma vai percibindo o mundo unha nena cega a través dos seus sentidos. É un vídeo precioso e dunha gran sensibilidades. Agardamos que vos guste.

Intelixencia executiva


Nesta entrada podedes atopar un resumo do que é a INTELIXENCIA EXECUTIVA e das diferentes funcións asociadas a ela. Toda a información está recollida de artigos publicados na páxina web http://www.ceide-fsm.com/ no ano 2014 por José Antonio Marina.

Premede na imaxe para acceder ao documento.

EDUGAL 2015


A IV edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, desenvolveuse entre o 25 e o 27 de febreiro a través de tres xornadas no Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra.